Vendima controlada: como a DO Ribeiro se asegura da calidade do seu viño

Haberá inpectores na recollida da uva.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/08/2022 | Actualizada ás 18:34

Comparte esta noticia

Un equipo de 27 inspectores controlará o cumprimento da normativa durante a vendima na denominación de orixe Ribeiro, que bota a andar nos próximos días. Estes inspectores, contratados polo Consello Regulador da DO, participaron nas últimas datas nun programa de formación impartido por profesionais nas materias sobre as que deberán exercer as súas funcións.

O seu traballo será recoñecer e identificar as variedades de uva da DO Ribeiro, así como os aspectos morfolóxicos, agronómicos e enolóxicos, segundo informa a DO nun comunicado este martes.vAs tarefas de control na enocomarca ribeirana realízanse desde o pasado mes de xullo. Desde entón, leváronse a cabo 200 inspeccións en leiras de viticultores que serviron para estudar o estado dos viñedos.

"Durante o últimos catro anos levaron a cabo unas de 600 inspeccións de viñedo previas á vendima, o que permite mellorar a actualización permanente do rexistro vitícola, ter ao día todos os datos dos viticultores, as súas leiras e variedades de uva así como facer controis do estado sanitario das variedades e unha estimación dos rendementos das mesmas", declarou o presidente do Consello Regulador da DO Ribeiro, Juan M. Casar.

Unha inspectora da DO Ribeiro nun viñedo. DO RIBEIRO
Unha inspectora da DO Ribeiro nun viñedo. DO RIBEIRO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta