Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 03/09/2022 | Actualizada ás 11:06
O incendio orixinado en Ribadavia, na súa parroquia homónima, permanece estabilizado desde as 19,23 horas deste venres; mentres que o de Cenlle, tamén na provincia de Ourense, segue controlado. No caso do lume de Ribadavia, declarado o xoves 1 de setembro ás 18,48 horas, calcinou, segundo a estimación provisional, unhas 30 hectáreas. Para os labores de control e extinción mobilizáronse un técnico, 28 axentes, 58 brigadas, 32 motobombas, dúas pas, oito avións, e oito helicópteros.
Por outra banda, permanece controlado desde as 22,27 horas do mércores 31 de agosto o incendio forestal que afecta o municipio de Cenlle, tamén en Ourense, e que queimou unhas 62 hectáreas. Xa participaron no operativo tres técnicos, 35 axentes, 89 brigadas, 48 motobombas, tres pas, unha unidade técnica de apoio, oito avións e nove helicópteros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.