De Lara pide máis medios para loitar contra a trata de mulleres

5.000 mulleres foron vítimas de trata en Galicia en 2013. Este é o número de casos atendidos pola Rede Galega contra este delito, quen sinala que unha de cada sete prostitutas son vítimas de trata. Son datos fornecidos nun congreso no que tamén participou a xuíza que desarticulou unha rede de prostitución e Lugo e ten en xaque a cúpula política galega co caso Pokemon.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 20/09/2014 | Actualizada ás 10:35

Comparte esta noticia

As dez entidades de ámbito social que integran a Rede Galega contra a Trata atenderon durante o pasado ano máis de 5.000 persoas vítimas de trata, na súa maioría mulleres procedentes de Brasil, República Dominicana, Rumanía, Colombia e España, segundo subliñou a Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Susana López Abella, na apertura da III Xornada contra a Trata, que congrega este venres preto de 200 persoas na Facultade de Humanidades do campus de Lugo.

Redada nun club de alterne
Redada nun club de alterne | Fonte: Guardia Civil

A maxistrada titular do xulgado de instrución número 1 de Lugo, Pilar de Lara Cifuentes, abriu a quenda de relatorios desta xornada cunha exposición sobre os procedementos xudiciais de investigación en trata de persoas, na que De Lara demandou a necesidade de contar con máis medios.

 

A sesión inaugural desta sesión estivo presidida pola vicerreitora de Servizos do Campus Universitarios de Lugo da USC, Carme Silva Domínguez, quen, logo de trasladar os seus parabéns aos organizadores polo éxito da convocatoria, salientou a dimensión e a vocación social da Facultade de Humanidades, unhas características que se fan visibles especialmente visibles nos eidos da xestión cultural e de servizos, dixo.

A trata de persoas é unha problemática global que atopa nas mulleres preto do 80% das súas vítimas, das que un 76% son obxecto de explotación sexual, mentres que nunha porcentaxe do 14%, sofren explotación sexual, indicou López Abella, que tamén deu conta dos pasos dados polas distintas administracións públicas e, máis en concreto, pola Xunta de Galicia para atallar e evitar na medida do posible este tipo de delitos.

A incidencia da trata de persoas no contexto local e global da trata de persoas centrou parte da intervención de Silvia Pérez Freire, socióloga e investigadora da Rede Galega contra a Trata, quen denunciou a “invisibilidade” dunha problemática crecente da que só se coñecen e identifican o 5% dos casos, segundo datos publicados polo Eurostat, que no bienio 2008-2010 contabilizou 24.000 persoas vítimas de trata.

Unha de cada sete mulleres en prostitución son vítimas de trata, lembrou Pérez Freire, que, a xeito de voceira da Rede Galega contra a Trata, demandou a urxencia dunha lei integran contra a trata, ao tempo que tamén demanda unha actitude máis belixerante e vixiante por parte da Fiscalía, a aprobación dun estatuto propio das persoas vítimas de trata, o deseño de instrumentos de identificación de vítimas de trata, unha maior coordinación entre todos os axentes e administracións implicadas neste eido e a aplicación do principio internacional de non devolución.

Unha táboa redonda sobre a detección e protección de vítimas de trata, que contou como relatores cun comandante da Unidade Central Operativa da Garda Civil, Mercé Meroño, de Àmbit Prevenció Fundació, e Ana Hernández Hernica, de Sicart, pechou a sesión matinal. Unha ollada internacional sobre a problemática de trata de persoas deu continuidade en quenda de tarde á III Xornada Galega contra a Trata, que rematou coa representación da peza teatral ‘Ama-dor’, a cargo do grupo ourensán Trécola.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta