Convocan unha charla informativa para coñecer o novo parque eólico Cabanelas, que afectaría a seis parroquias

A convocatoria ten un dobre obxectivo informar e organizar á veciñanza afectada para afrontar o proceso de tramitación do mesmo

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/09/2022 | Actualizada ás 10:41

Comparte esta noticia

Asociación Alarma na Terra de Montes convoca unha charla informativa sobre o proxecto do parque eólico Cabanelas que  se  atopa  en  fase  de exposición  pública  para  a  presentación  de  alegacións  ata  o  día  13  de outubro.  A  xornada  terá  lugar  en  Valadelo  (Castrelo,  Forcarei) o vindeiro  domingo  día  11  de  setembro  as 11:00 horas da mañá.

Arquivo - Unha vaca pasta fronte a un grupo de aeroxeradores no Parque eólico de Ou Fiouco, da Serra do Xistral, na comarca de Terra Cha, a 22 de febreiro de 2022, en Abadín, en Lugo, Galicia (España). A nova lei de eólicos que prepara a Xunta. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Unha vaca pasta fronte a un grupo de aeroxeradores no Parque eólico de Ou Fiouco, da Serra do Xistral, na comarca de Terra Cha, a 22 de febreiro de 2022, en Abadín, en Lugo, Galicia (España). A nova lei de eólicos que prepara a Xunta. Carlos Castro - Europa Press - Arquivo

A convocatoria ten un dobre obxectivo informar e organizar á veciñanza afectada para afrontar o proceso de  tramitación do mesmo, así daranse  a coñecer as características deste novo parque e as  afeccións que  producirá na  zona  de  implantación, a relación  con  outros  proxectos  da  zona, o  estado de tramitación do proxecto e as estratexias para que este se faga con garantías e de xeito transparente. A  convocatoria  centrase  entoda  a  veciñanza da zona de afectación, parroquias de Liripio, Codeseda e Sabucedo (A Estrada), Quintillán e Castrelo (Forcarei) e Tomonde (Cerdedo-Cotobade).

O parque eólico Cabanelas é un proxecto que xa se ven tramitando dende hai anos e que agora se recupera transformado pola  promotora  Greenalia.  Sitúase a  continuación do parque  eólico  Pedra  Longa (Greenalia), que  estivo  en fase  de  alegación  apenas  fai  dúas  semanas recibindo  unha  clara  oposición por  parte  dos afectados, e  dos  parques  eólicos  As  Penizas(Greenalia), Ampliación  As  Penizas (Greenalia) e  Borreiro(Naturgy), en  distintas  fasesde  tramitación. En  conxunto forman  unha  liña  de 21  aeroxeradores.

Nun comunicado, a asociación di que os aeroxeneradores supoñerán  "unha  sobrecarga  absolutamente  insostible dende  moi  distintos  eidos  e  unha merma da propia calidade de vida dos veciños" polo que ten  previsto continuar ao longo das vindeiras semanas desenvolvendo máis actividades informativas e reinvindicativas einstalación  de  puntos  de  información  e  recollida  de  alegacións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta