Temas: OURO ROUBO OURENSE

Deteñen en Ourense a un home que tentou roubarlle a outro unha cadea de ouro no centro da cidade

A vítima achegou características físicas do presunto autor que abandona o lugar á carreira.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/09/2022 | Actualizada ás 12:51

Comparte esta noticia

A Policía Nacional detivo este martes pola tarde a un home como presunto autor dun roubo con violencia na zona centro da cidade de Ourense, onde tentou facerse, pola forza, cunha cadea de ouro da vítima.

O 1 de setembro, ao redor das 18,30 horas recíbese unha chamada na Sala 091 na que comunicaban que minutos antes, mentras caminaba pola rúa Progreso, un home achegouse a el para darleun tirón na cadea de ouro, rompéndose esta e producíndolle arañazos no pescozo. A vítima achega características físicas do presunto autor que abandona o lugar á carreira.

Establécese un operativo de procura en diferentes zonas da cidade e acaba por localizarse ao presunto ladrón cando baixaba do autobús na zona de Covadonga, onde se recuperou a cadea de ouro e foi detido. O presunto autor pasará a disposición xudicial este mércores.

Coche patrulla da Policía Nacional
Coche patrulla da Policía Nacional | Fonte: Policía Nacional.

Temas: OURO ROUBO OURENSE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta