Tres galegas na elite

Samertolameu ascendeu esta fin de semana á Liga ACT-San Miguel, na que acompañará a Cabo da Cruz e Tirán, co que Galicia contará 11 anos despois con tres embarcacións na máxima categoría.

Por gcdeportes | | 22/09/2014 | Actualizada ás 14:02

Comparte esta noticia

Seis anos despois, Samertolameu volverá á Liga San Miguel-ACT, co que serán tres os representantes galegos --Cabo da Cruz, Tirán e Samertolameu-- once anos despois. Deste xeito, o concello de Moaña contará con dúas embarcacións na máxima categoría.

Os remeiros de Samertolameu celebran o ascenso.
Os remeiros de Samertolameu celebran o ascenso. | Fonte: @actraineras

O ascenso da traiñeira de Meira amosa a puxanza dos clubs galegos e o declive das embarcacións cántabras. Samertolameu ocupará o posto de Pedreña, que descendeu este ano como en 2013 o fixera Castro. En só dúas tempadas, Galicia pasa de ter unha embarcación (Tirán) a ter tres, tralo ascenso de Cabo da Cruz (2013) e Samertolameu.

Ademáis, a embarcación de Boiro fixo este ano historia, xa que trala fin de semana (terceiros en Bermeo e segundos en Portugalete), Cabo da Cruz remata a Liga ACT en cuarta posición, cando o obxectivo era a permanencia. Hondarribia foi a campioa e Tirán remata sétima na xeral.

Nos play-off de ascenso esta fin de semana en Portugalete, o club de Moaña impúxose nas dúas xornadas ás embarcacións vascas de Getaria e Zumaia. A outra traiñeira galega, Amegrove, quedou en cuarta posición.

Tempadas dos club galegos na Liga ACT ata 2014:

Tirán - 9 tempadas
Cabo de Cruz - 6 tempadas
Mecos - 5 tempadas
Samertolameu - 1 tempada

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Traiña

Que ben que se tomen en serio todos os clubs de remo da Galiza, por fin no cumio