A Xunta descarta facer obrigatoria a vacina da Covid

O presidente da Xunta di que a final de mes poderán ser xa vacinadas novamente as persoas maiores de 80 anos e as que están en residencias. Tamén anuncia a posta en marcha dun único calendario vacinal e non dous diferentes para nenos e adultos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 08/09/2022 | Actualizada ás 14:34

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, descartou que a Xunta obrigue á poboación a vacinarse contra a Covid logo de anunciar que a finais deste mesmo mes podería iniciarse a aplicación da cuarta dose aos maiores de 80 anos e persoas que están en residencias.

Vacina de Novavax contra a COVID-19
Vacina de Novavax contra a COVID-19 | Fonte: Novavax - Europa Press.

"Non está na planificación do Goberno galego facer obrigatoria esta vacina pero si facela o máis accesible posible porque confiamos nela", dixo Rueda na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. Neste sentido, descartou medidas punitivas contra os negacionistas que non se poñan as seguintes doses, pero si "facer todo o posible para que a vacina chegue a todos os galegos sen ningún condicionante".

Por iso, confirmou que a vacinación será este mes, case con toda probabilidade, para os colectivos máis vulnerables; maiores de 80 anos e persoas que están en residencias. "Aínda non se pronunciou a Comisión de Saúde Pública sobre isto pero, como moi tarde, pode ser a final de mes", indicou.

O que si xa non o ten tan claro é o lugar onde terán lugar a subministración destas doses. Ata agora a maior parte do proceso era nos vacinómetros, pero, non se descarta que, nesta ocasión se faga nos centros de saúde. "Non sabemos aínda onde. Será onde se causen menos molestias aos pacientes", indicou.

CALENDARIO VACINAL

Por outra banda, Rueda anunciou a posta en marcha dun único calendario vacinal  e non dous diferentes para nenos e adultos como ata o de agora. "Será un único parta toda a vida", indicou ao tempo que suliñou que a súa entrada en vigor será xa a partir do 15 de setembro que é cando comezará a campaña dav acinación contra a gruipe, o papiloma humano e o meningococo B.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta