Afectados por ELA denuncia a falta de previsión e adecuación do Camiño de Santiago para persoas que non poden camiñar

O colectivo CompostELA comeza unha nova peregrinación cara a Santiago co obxectivo de dar "a maior visibilidade posible a unha enfermidade que, a día de hoxe, segue sen cura",

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/09/2022 | Actualizada ás 18:19

Comparte esta noticia

O colectivo conformado por familiares, voluntarios e afectados pola Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA), COMPOSTELA, comeza unha nova peregrinación cara a Santiago co obxectivo de dar "a maior visibilidade posible a unha enfermidade que, a día de hoxe, segue sen cura", lamenta Maty Alvarín, unha das integrantes do grupo.

Levan anos facendo unha peregrinación como a que este xoves arrincaba desde o municipio lucense de Sarria. En total, son unha vintena de camiñantes dos cales catro padecen ELA. "Ita, Dabiz, Rosa e Dani van en cadeira de rodas e o resto imos acompañándolles e empuxándolles", conta esta monfortina. Cada un deles está afectado dunha forma diferente pola enfermidade, pero todos comparten a redución de mobilidade.

En canto a facer a Ruta Xacobea en cadeira de rodas, ComspotELA denuncia a falta de previsión e adecuación dos camiños para persoas que non poden camiñar. Maty explica que "ás veces é moi dificultoso avanzar con eles porque hai partes do camiño moi complicadas", di.

Calcula que chegarán o vindeiro martes, día 13, a Santiago para facerse coa compostelá. A pesar de que non son novos no camiño, aterrarán na capital galega coa esperanza de que estes quilómetros axuden a arroxar luz sobre as persoas que padecen unha enfermidade dexenerativa que aínda non "atopou cura".

COMPOSTELA comeza a súa peregrinación a Santiago para dar visibilidade á Esclerose Lateral Amiotrófica. FOTO CEDIDA ENTIDADE ELA
COMPOSTELA comeza a súa peregrinación a Santiago para dar visibilidade á Esclerose Lateral Amiotrófica. FOTO CEDIDA ENTIDADE ELA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta