A Valedora ve "desatención" estatal ante a presenza de menores en festas taurinas en Pontevedra

A Fundación Franz Weber pide que "prohiba a participación de nenos menores de 18 anos como toureiros e como público en espectáculos de tauromaquia, como parte de prácticas nocivas e violentas en contra dos nenos".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/09/2022 | Actualizada ás 12:38

Comparte esta noticia

A Valedora do Pobo arquivou a queixa presentada pola Fundación Franz Weber sobre a presenza de menores de idade na microferia taurina de Pontevedra e a promoción de abonos rebaixados que os organizadores realizaron desde os 13 anos de idade, acordando o seu envío ao Defensor do Pobo, xa que ve "desatención" por parte do Estado.

Segundo explica a propia fundación nun comunicado, o informe remitido á Valedora lembra as Observacións Finais do Comité dos Dereitos do Neno realizadas a España en 2018, instando o Estado a que "prohiba a participación de nenos menores de 18 anos como toureiros e como público en espectáculos de tauromaquia, como parte de prácticas nocivas e violentas en contra dos nenos".

A institución avanza á ONG naturalista que, antes ao arquivo da queixa, trasladará o informe ao seu homólogo estatal "seguindo a prescrición da recomendación de Nacións Unidas de que sexa o Estado parte o que inicie as prohibicións" contempladas nestas observacións, non sen antes advertir de que "parece clara a desatención por parte do Estado" desta advertencia do Comité.

Lembran ademais que a Lei de Espectáculos Públicos inclúe unha prohibición de acceso a persoas menores de idade pero só impide a súa presenza ata os 12 anos. "Así, os promotores das corridas de touros de Pontevedra anunciaron entradas a prezo reducido desde os 13, tratando de incentivar que estes mozos puidesen contemplar a tortura en directo de animais", conclúen.

A valedora do Pobo, Dores Fernández Galiño, na presentación do informe da defensoría galega correspondente a 2021
A valedora do Pobo, Dores Fernández Galiño, na presentación do informe da defensoría galega correspondente a 2021

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta