O Concello da Coruña será a primeira administración galega na Rede Nacional de Centros de Ciberseguridade

O obxectivo do Goberno de Inés Rey é reducir o risco de sufrir ciberataques, previr e detectar posibles ameazas e poder responder de maneira eficaz e áxil a elas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/09/2022 | Actualizada ás 17:11

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña integrouse estes días na Rede Nacional de Centros de Ciberseguridade, a través do Centro Criptolóxico Nacional. Trátase da primeira administración pública galega que forma parte desta rede e o cuarto municipio en España en facelo.

Tal e como explicaron desde o Concello, A Coruña leva tempo traballando na mellora das medidas de seguridade da información, e en prol da protección dos servizos telemáticos que lle ofrece á cidadanía.

Despois de pór en marcha o Centro de Seguridade da Información do Concello en maio deste ano, acaba de adherirse á Rede Nacional de Centros de Operacións de Ciberseguridade. O obxectivo do Goberno de Inés Rey é reducir o risco de sufrir ciberataques, previr e detectar posibles ameazas e poder responder de maneira eficaz e áxil a elas.

A Rede Nacional de Centros de Operacións de Ciberseguridade é unha iniciativa impulsada polo Centro Criptolóxico Nacional (CCN-CERT) para integrar e coordinar os Centros de Operacións de Ciberseguridade do sector público. O seu fin último é articular a colaboración e o intercambio de información áxil e efectivo entre todos os SOC das distintas administracións públicas para mellorar, desta forma, as capacidades nacionais de defensa, detección e resposta a posibles ciberincidentes.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey. CONCELLO DA CORUÑA
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey. CONCELLO DA CORUÑA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta