Santiago busca promover un lecer nocturno saudable entre a mocidade

O programa 'Noites Alternas' ten como obxectivo a prevención de hábitos de consumo de alcol e drogas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/09/2022 | Actualizada ás 14:46

Comparte esta noticia

O programa de actividades de lecer nocturno alternativo 'Noites Alternas', destinado á mocidade de Compostela, buscará establecer relacións persoais saudables e construtivas e apoiar a prevención de hábitos de consumo de alcol e drogas, entre outros.

A incitativa, que arrinca este xoves, foi presentada polo concelleiro de mocidade Rubén Prol e a coordinadora do evento, Nerea Couselo. Así, sinalaron que estas actividades gratuítas, que xa se levaron a cabo outros anos, desenvolveranse nas noites dos xoves e os venres desde as 20,00 horas ata as doce da madrugada.

Así, Couselo remarcou o enfoque participativo da actividade, xa que a cidadanía colaborou na elaboración do cartel a través dunha convocatoria que se abriu esta primavera. Couselo enxalzou que a organización quedou "moi satisfeita" xa que chegaron máis de 100 propostas que estudaron para a posterior elaboración do programa. Ademais, engadiron outras iniciativas que viron "de interese para os mozos".

As actividades serán de todo tipo, desde talleres, xogos, rutas ata talleres de cociña,  "constantes da programación" e que "teñen moitísimo éxito". Couselo remarcou que as inscricións poden facerse "os luns das semanas que haxa actividades" a través dun formulario na páxina de itaca.gal que habilitarán ás 9,00 horas.

O concelleiro de mocidade, Rubén Prol, e a portavoz da asociación organizadora, Nerea Couselo. CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
O concelleiro de mocidade, Rubén Prol, e a portavoz da asociación organizadora, Nerea Couselo. CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta