Un motorista acaba ferido grave de consideración despois de bater contra un turismo en Poio

O 112 solicitou a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do GES de Sanxenxo, da Garda Civil de Tráfico e do servizo de mantemento da vía de circulación.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/09/2022 | Actualizada ás 10:21

Comparte esta noticia

Un motorista resultou ferido de consideración este mércores ao chocar contra un turismo no municipio pontevedrés de Poio, no punto quilométrico 9 da PO-308.

Segundo informa o 112, o accidente ocorreu ao redor das 20,15 horas do martes. Nese momento, varios particulares alertaron ao servizo do sucedido.

O 112 solicitou a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do GES de Sanxenxo, da Garda Civil de Tráfico e do servizo de mantemento da vía de circulación.

O ferido quedara atrapado baixo o vehículo, aínda que tras recibir as manobras de reanimación por parte dos servizos de emerxencia, recuperou parcialmente a consciencia e foi evacuado a un centro médico.

Control da Garda Civil de Tráfico
Control da Garda Civil de Tráfico | Fonte: Garda Civil.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta