Co novo plan de xestión de residuos municipais deberánse reciclar o 55% dos residuos

Ten previsto unha vixencia de oito anos, mobilizará 455 millóns de euros para cumprir os obxectivos comunitarios en materia de xestión de residuos

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/09/2022 | Actualizada ás 19:10

Comparte esta noticia

O Goberno galego avanzou que empezará a traballar nun novo plan de residuos municipais de Galicia co reto principal de dar un impulso "definitivo" á economía circular e avanzar cara á transformación actual do modelo produtivo, seguindo a liña marcada pola UE cos últimos cambios introducidos na normativa comunitaria.

O acordo de inicio da tramitación recibiu este xoves luz verde do Consello da Xunta, tal e como informou o seu presidente, Alfonso Rueda, de forma que a Consellería de Medio Ambiente está en disposición de empezar a traballar para aprobalo en 2023.

Este plan, que ten previsto unha vixencia de oito anos, mobilizará 455 millóns de euros para cumprir os obxectivos comunitarios en materia de xestión de residuos, unha contía que se estima en 289 millóns de euros por parte da Xunta e o resto, por parte das entidades locais.

Entre os obxectivos principais do plan atópanse que o 55 por cento dos residuos deberanse destinar á preparación para a reutilización e a reciclaxe, aumentando progresivamente a partir de aí.

Ademais, tamén se pretende aumentar a rede de puntos limpos de Galicia (actualmente alcanza o 92 por cento da poboación pero preténdese o 100 por cen de cobertura de todos os galegos), a redución do depósito de residuos municipais en vertedoiros ata que representen como máximo o 10 por cento e implantar a recollida selectiva en todo o territorio galego.

A Xunta considera "fundamental" potenciar a coordinación e a organización co resto de administracións e, para iso, asumirá o papel de coordinadora e proporá crear unha comisión de apoio e asesoramento aos concellos.

Colectores de lixo en Vigo. EUROPA PRESS - Archivo
Colectores de lixo en Vigo. EUROPA PRESS - Archivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta