Planas insiste que se presentará recurso na UE ante o veto de pesca se hai fundamento xurídico

O ministro de Agricultura e Pesca considera que a comisión "se ha extralimitado e debería dar un paso atrás"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/10/2022 | Actualizada ás 18:33

Comparte esta noticia

O ministro de Agricultura e Pesca, Luís Planas, confirmou que "se hai fundamento xurídico", o Goberno estatal presentará un recurso ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea para parar o veto de pesca de fondo que afecta a 87 zonas.

"Estamos a consultar cos servizos xurídicos do Goberno para fundamentar ben un recurso ante o tribunal, traballando cos datos científicos máis actuais na revisión dunha medida que é inxusta e desproporcionada", explicou o ministro nunha entrevista concedida a Cadea Ser Galicia este domingo e recollida por Europa Press.

Se hai base xurídica, continuou, "haberá recurso". "O importante é gañar e temos fundamentos moi sólidos, tanto de forma como de fondo", defendeu. En canto á forma, Planas considera que a consulta non se efectuou "nas condicións adecuadas".

Respecto ao fondo, asegura que aínda que non hai discusión na defensa dos fondos, hai que "adaptar" a decisión. A comisión, remarca, di utilizar a última información científica dispoñible, "cando non é así" e inclúe o palangre de fondo, "que non estaba nos datos". "A comisión extralimitouse e debería dar un paso atrás. Está ben que se preocupen pola sustentabilidade, pero tamén pola continuidade dos pescadores e todos os que están vinculados a pesca", reflexiona.

Ademais do recurso xudicial, Planas avanzou que o Goberno está disposto a abrir "unha vía de negociación paralela para revisar inmediatamente a decisión".

O ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luís Planas
O ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luís Planas | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta