Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/10/2022 | Actualizada ás 16:07
O Concello de Santiago acordou, na xunta de goberno deste luns, a solicitude, dunha axuda europera de máis de 5 millóns de euros para a rehabilitación de 422 vivendas.
Dita axuda enmárcase no 'Programa de axudas ás actuacións de rehabilitación a nivel de barrio' do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana e a cantidade será subvencionada a través dos fondos NextGenerationEU e unha parte, a correspondente ao gasto de persoal, afróntaa o Concello.
O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, sinalou que con "isto se reforzarían os programas de recuperación actuais". Así, explicou que a reparación se realizaría en 84 vivendas en 2023, que acollerían as pertencentes ás distintas Áreas de Rehabilitación Integral (ARIS).
En 2024 a actuación ampliaríase a outros conxuntos de vivendas de protección oficial construídas durante o Franquismo con 169 inmobles a rehabilitar, os mesmas que en 2025. "O programa ten que estar terminado e certificado antes de finais de 2026", indicou o alcalde.
Ademais, outorgaron a dúas empresas a redacción do plan de mobilidade urbana sustentable, xa que segundo lembrou o alcalde é de 2010-2011 e a súa data de duración é de 10 anos.
Así, Bugallo, informou de que o custo da redacción é de case 140.000 euros e o prazo de execución é de 12 meses. A encargada será a UTE Eptisa Servizos de Enxeñaría SL e CPS Infraestruturas Mobilidade e Medio S.L.
"Non é posible adiantar máis tempo porque a redacción deste traballo require diferentes medicións e enquisas. Ademais, dados os cambios que se producen no transporte de Santiago, teñen que ser feitas nos diferentes períodos", sinalou Bugallo.
CONVENIO REHABILITACIÓN 'VERDERÓN'
Na xunta, tamén aprobaron a licitación para a contratación de obras de adecuación do salón de plenos do Concello, por un valor de 94.000 euros. Bugallo lembrou que a sala se acondicionou no ano 1986 e que actualmente o mobiliario "presenta unha certa deterioración", polo que é necesaria unha "pequena remodelación".
Así mesmo, aprobaron xunto coa Consellería de Cultura un convenio para a rehabilitación do 'verderón', que é o vagón que xestiona a Asociación Compostelá de Amigos do Ferrocarril e necesita de "unha certa intervención". Para realizar as actuacións achegarán 30.000 euros cada unha das institucións, é dicir, a Consellería e o Concello.
Ademais, aprobaron a solicitude á Deputación Provincial da Coruña das subvencións nominativas do ano 2022 para as actividades dos centros socioculturais no ámbito rural, por un importe de 90.000 euros.
MEDIDAS DE AFORRO ENERXÉTICO
Preguntando sobre futuras medidas de aforro enerxético, o alcalde sinalou que "o maior problema que teñen en Santiago" é conseguir que o actual contrato, que establece un tope no prezo da electricidade, "se prolongue un ano máis".
Así, avanzou que "están a preparar", actualmente en informe de intervención, para poder sacar a licitación toda a prestación de servizo de iluminación pública. Co cal, significaría, entre outras cuestións, o cambio da iluminación de 28.000 farois por luces led. "Implicaría unha redución notable", sinalou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.