Formoso arremete contra o BNG por absterse para que os emigrantes non poidan votar en urna

Di que terán que explicar por que defenden un sistema que evitaría "que Castelao puidese votar na emigración forzada que tivo que sufrir".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/10/2022 | Actualizada ás 14:04

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, asegurou que a Galicia "lle vai a saír moi rendible incrementar relacións políticas, económicas e comerciais" e "evitar de calquera xeito a ruptura do vínculo xeracional entre Galicia e a quinta provincia", que é a emigración.

Así, e ao ser preguntado pola viaxe do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a Arxentina e Uruguai; Formoso --que tamén ten previsto viaxar ao Cono Sur-- contestou facendo alusión á eliminación do sistema de voto rogado como un acto de "xustiza" e con críticas ao BNG pola súa abstención no Congreso dos Deputados (que argumentou no rexeitamento a garantir máis urnas ou implementar un sistema que evite fraudes electorais).

Así, Formoso volveu a censurar a "posición do BNG nesta materia", referida a a emigración que "ten tanta importancia na historia deste país". Así, acusou á formación nacionalista de "retirar a voz e o voto aos galegos que tanto achegaron a este país", citando entre outras contribucións as escolas impulsadas polos indianos.

Ao fío diso, reclamou ao BNG "explicar" unha postura que, dixo, evitaría "que Castelao puidese votar na emigración forzada que tivo que sufrir". "Para nós é moi importante devolverlle a voz ao mundo da emigración", salientou.

Dito isto, mostrouse seguro de que a Galicia "lle vai a saír moi rendible incrementar" os lazos con América. "Non é moi intelixente romper esa ponte", manifestou Formoso, tanto desde o punto de vista das relacións entre as empresas como desde o ámbito da cultura.

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, en rolda de prensa este xoves. PSDEG
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, en rolda de prensa este xoves. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta