Formoso pide desde a Deputación da Coruña non "estigmatizar" as enfermidades mentais

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, visitou este xoves as instalacións que ten no Concello de Noia a Asociación Saúde Mental A Creba.

Por E.P. | A CORUÑA | 13/10/2022 | Actualizada ás 19:23

Comparte esta noticia

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, visitou este xoves as instalacións que ten no Concello de Noia a Asociación Saúde Mental A Creba, que atende a persoas con enfermidades mentais, entre as que se atopa unha vivenda tutelada que conta co financiamento da administración provincial.

Formoso realizou esta visita na semana na que se conmemora o Día Internacional da Saúde Mental. Formoso e estivo acompañado polo presidente e a coordinadora da Creba, Xosé Ramón Girón e Covadonga Rodríguez, e polas deputadas de Benestar Social, Ana Lamas, e Educación, Sandra González.

A Asociación Saúde Mental A Creba xestiona catro vivendas protexidas, unha delas cedida polo Concello de Noia. Destas, a única que é da súa propiedade é a que foi recentemente adquirida co apoio económico da Deputación, e que está situada no centro urbano de Noia, próximo a outro dos pisos protexidos.

"Nestes pisos tutelados residen en total 18 persoas e o obxectivo da asociación é ofrecer unha alternativa residencial a persoas con discapacidade debido a trastornos mentais", explicaron os responsables da entidade.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín Formoso, en rolda de prensa. DEPUTACIÓN DA CORUÑA - Arquivo
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín Formoso, en rolda de prensa. DEPUTACIÓN DA CORUÑA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta