Por Galicia Confidencial | Verín | 17/10/2022 | Actualizada ás 21:15
Verín presenta cinco réplicas máis das obras de Banksy máis coñecidas. Trátase de: “Nena con roda”, "Laboratorio de ideas", "Neno da caixa eléctrica", “Pulp Fiction” e “Nena con corda”. As intervencións forma parte da mostra ao aire libre “Verín, territorio Banksy”, que formará un roteiro polas rúas e que en breve será presentado oficialmente polo concello.
Por citar unha delas, no muro do punto limpo da Avenida Luis Espada aparece un dos iconos máis coñecidos do enigmático autor: “Pulp Fiction”. "Neste traballo o xenial grafiteiro anónimo Bansky parodia á ferocidade dos personaxes de John Travolta e Samuel L. Jackson na película Pulp Fiction de Tarantino (1994), intercambiando as armas por plátanos, o que convirte a escea en risible", describen dende o concello.
A obra estivo orixinalmente en Londres, nunha parede da estación de metro de Old Street, aínda que os orixinais e ata as plantillas teñen sido vendidas por importantes cantidades.
O Concello de Verín busca que esta acción sirva para combater a degradación de certos edificios e ao mesmo tempo chegar a ser un atractivo cultural que conforme un circuíto turístico dentro do casco urbano. “Sería un final espectacular que o propio Banksy rematarse por interesarse na vila e deixase unha das súas obras en Verín”, sinalan dende o concello.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.