A Coruña presenta en París os principais actos da 'Celebración Picasso 1973-2023'

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, sinalou que Picasso "na nosa cidade explotou a súa fascinación por paisaxes marítimas e pola Torre de Hércules".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/10/2022 | Actualizada ás 20:14

Comparte esta noticia

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presentou este martes en París as actividades centrais da 'Celebración Picasso 1973-2023', que conmemora o cincuenta anos do falecemento do artista, que pasou parte da súa infancia na cidade herculina.

A rexedora foi convidada a este evento polo Instituto de Turismo de España, Turespaña, e representou aos alcaldes do tres cidades picassianas: A Coruña, Málaga e Barcelona.

O acto deu a coñecer as principais actividades previstas para o ano 2023 en diferentes lugares de España. Inés Rey, ante unhas 150 persoas convidadas, fixo un repaso da traxectoria do artista e da influencia que estas tres cidades tiveron na súa maneira de entender a arte, centrándose no Picasso coruñés.

"Na nosa cidade explotou a súa fascinación por paisaxes marítimas e pola Torre de Hércules", expuxo a alcaldesa herculina, que sinalou tamén que "A Coruña inspirouno para realizar retratos da vida cotiá da nosa cidade, de personaxes anónimos que espertarían no mozo Picasso os primeiros sentimentos, mesmo de amor".

A Coruña, Málaga e Barcelona concentrarán a maior parte das actividades previstas no ano 2023. "De sur a norte, as tres cidades debuxan o interior dunha persoa que logo plasmaría en lenzos e que serían un referente e o artista máis influente do século XX", sinalou Inés Rey.

Acto de constitución  da comisión estatal para a conmemoración do 50 Aniversario da morte de Pablo Picasso
Acto de constitución da comisión estatal para a conmemoración do 50 Aniversario da morte de Pablo Picasso | Fonte: Concello da Coruña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta