Presentadaa lista unitaria para as primarias en Podemos de Ferrol antes da candidatura "ampla" para as municipais

Para estas primarias abrirase un punto de votación presencial na sede de Podemos Ferrol, na rúa da Igrexa, durante tres xornadas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/10/2022 | Actualizada ás 19:23

Comparte esta noticia

Baixo o nome de 'Agora Ferrol' presentouse a media tarde deste xoves a candidatura unitaria ás primarias de Podemos nesta cidade, encabezada por Borja San Ramón, que manifestou sentirse "moi satisfeito con este proxecto, onde ten cabida toda persoa que pense que Ferrol necesita unha transformación e un novo modo de gobernar".

San Ramón realizou un chamamento ás persoas inscritas en Podemos para que participen nas votacións que comezan este venres, 28 de outubro e terminarán o 3 de novembro, xa que desde o seu punto de vista "é un sinal de identidade da nosa formación, polo compromiso que temos con participación, a transparencia e a democracia".

Unha vez finalizado o proceso e oficializada a candidatura, asegurou que "tocará falar cos veciños e cos distintos actores da sociedade civil para contribuír a unha candidatura ampla, nova e que ilusione á xente que leva tempo esperando por un cambio na cidade".

TRES ANOS DE TRABALLO

Pola súa banda, o portavoz de Podemos en Ferrol, José Iglesias, asegurou "sentirse moi satisfeito polo traballo realizado á hora de presentar esta candidatura de consenso de toda a organización, e que demostra o traballo realizado neste tres anos para poder ter un proxecto propio, sólido e ilusionante para a cidade de Ferrol"

O número dous da candidatura, Carmen Espiñeira, destacou o compromiso da candidatura co feminismo e a xente nova, e así incidiu en que "queremos unha cidade e unhas institucións que sexan capaces de interpelar coas novas xeracións que queren un futuro para Ferrol e en Ferrol".

Para estas primarias abrirase un punto de votación presencial na sede de Podemos Ferrol, na rúa da Igrexa, durante tres xornadas --domingo, martes e mércores--.

Podemos Ferrol
Podemos Ferrol | Fonte: remitida

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta