A Deputación da Coruña sinala que a Xunta debe cumprir co pacto e o fondo de cooperación local

"Pedimos unha mostra de sensibilidade da Xunta con respecto aos concellos, non pode ser que se gasten máis fondos en pagar a débeda ou en concertos do Xacobeo que en financiar aos concellos cunha partida que leva dez anos conxelada", afirmou o presidente provincial, Valentín González Formoso.

Por E.P. | A CORUÑA | 28/10/2022 | Actualizada ás 18:48

Comparte esta noticia

O pleno da Deputación da Coruña instou este venres á Xunta de Galicia a que cumpra co pacto e o fondo de cooperación local e o faga de maneira urxente ante a situación de "crise inflacionista global" que tamén está a afectar "moi directamente ás administracións públicas locais".

"Pedimos unha mostra de sensibilidade da Xunta con respecto aos concellos, non pode ser que se gasten máis fondos en pagar a débeda ou en concertos do Xacobeo que en financiar aos concellos cunha partida que leva dez anos conxelada", afirmou o presidente provincial, Valentín González Formoso.

Na moción, presentada polo PSdeG e o BNG, e apoiada por todos os grupos políticos, excepto o PP, alértase de que as administracións locais "están a sufrir un incremento dos custos aos que teñen que facer fronte, tanto nos investimentos como tamén no gasto corrente, minorando os recursos destinados a atender as necesidades da veciñanza".

Noutra orde de cousas, tamén se aprobou adherirse á Rede de Entidades locais para a Axenda 2030, aprobada pola Federación Española de Municipios e Provincias no marco do seu XII Pleno.

Deste xeito comprométese a determinar un conxunto de actuacións que deberán incorporarse nun plan de actuación ou estratexia, que inclúa unha análise de situación e un plan de localización e implementación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) da Axenda 2030.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, no pleno provincial. TORRECILLA
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, no pleno provincial. TORRECILLA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta