Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/11/2022 | Actualizada ás 18:08
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia solicita "a retirada" do anteproxecto de lei que promove o Ministerio de Traballo e Economía Social para reformar as bonificacións e os incentivos á contratación de persoas con discapacidade, tanto en empresas como en centros especiais de emprego. Así o reclamou a conselleira de Promoción do Emprego, María Jesús Lorenzana, durante a última conferencia sectorial celebrada en Madrid o pasado 25 de outubro, cando o Goberno central deu a coñecer o novo texto ás comunidades autónomas.
Neste sentido, segundo expón nun comunicado emitido este venres, a Xunta súmase ás reivindicacións de entidades como o Cermi Galicia e acepta os efectos "negativos" que tería esta medida sobre o mantemento de postos de traballo de persoas con discapacidade. Ademais, na reunión do 25 de novembro, Lorenzana advertira dunha "posible colisión" entre o novo marco xurídico proposto polo Ministerio e as competencias autonómicas no deseño dos plans de emprego.
En definitiva, a Xunta reclama "diálogo" ao departamento que dirixe Yolanda Díaz e que calquera revisión das bonificacións á contratación "se faga no marco do diálogo social" e acompañado "dunha análise xustificativa das medidas". De acordo con cifras da Consellería, os efectos desta reforma impactarían "en especial" aos 122 centros especiais de empregos cos que conta Galicia, que dan traballo a máis de 3.500 persoas con discapacidade.
PREMIO POR IMPULSAR A ECONOMÍA SOCIAL
Noutra orde de cousas, María Jesús Lorenzana viaxou este venres á capital española para recoller o premio da Agrupación de Sociedades Laborais de Madrid (Asalma) que recoñece as políticas galegas a favor da economía social. Durante o evento, a conselleira destacou que este galardón, unido a que Santiago de Compostela é en 2022 a capital da economía social, sitúa Galicia como "escaparate das oportunidades" que ofrece este sector.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.