Anova divídese

A maior parte dos militantes do grupo crítico Cerna decide abandonar a formación de Beiras e crear un novo partido. Consuelo Martínez descarta deixar o escano.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/10/2014 | Actualizada ás 19:42

Comparte esta noticia

A maioría dos militantes de Cerna, o colectivo crítico xurdido en Anova, logo das diferencias internas xurdidas na formación, acaba de decidir abandonar o partido que lidera Xosé Manuel Beiras e constituír unha nova formación.

Votación sobre as europeas en ANOVA
Votación sobre as europeas en ANOVA | Fonte: ANOVA Valmiñor twitter

A decisión de deixar Anova foi refrendada polo 75% dos 200 militantes que tomaron parte nesta votación virtual. Sen embargo, esa porcentaxe baixou ao 63% no referido a constituír un partido político. 

Estes foron os resultados da votación:

1. Está de acordo en que Cerna abandone Anova? 

SI - 75% - NON - 23% En branco - 2%

2. Está de acordo en que Cerna dea os pasos para constituírse en partido político? 

SI - 63%  NON - 29% En branco - 8%

Esta votación chega logo de que a maior parte dos membros desta corrente crítica quedaran fora da Coordinadora Nacional, tras vencer na II Asemblea Nacional de Anova as teses e a lista defendida por Martiño Noriega e Xosé Manuel Beiras, fronte a impulsada por Mario López Rico e Luis Eyré, os dirixentes de Cerna.

Uns resultados que foron por medio cento de votos. Por iso, o voceiro de Cerna xa avanzaba, xusto ao rematar esa asemblea que, “con estes resultados non hai posible integración". E os pasos que acaba de dar esta corrente crítica van na dirección de abandonar Anova.

Futuro de Consuelo Martínez

De feito, nos últimos días, suscitouse un novo debate e é o papel que, a partir de agora terá a deputada de AGE Consuelo Martínez, membro do grupo crítico, se Cerna decide constituírse como grupo político propio.

Martínez sinalou nas últimas horas que, independentemente, da decisión que ían tomar os seus compañeiros de Cerna, o seu desexo é continuar como parlamentaria en AGE. De feito, ten expresado ese desexo ao grupo parlamentario e tamén llelo ten comunicado ao propio Martiño Noriega sen que, ata o momento, desde Anova, ou desde AGE, se lle teña plantexado a súa dimisión.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 41 comentarios

26 eiro

O joven doctorr insultou as bases de Cerna pero logo peloteo todo o que quixo á parlamentaria de Age... claro, a chusma que se vaia que o importante son os carguiyos

25 Un de ANOVA

Ben,pois sen 100 ou 200 persoas queren marchar, que marchen. ANOVA debe pensar nos 3millóns de galegos.

24 dedas

o último que apaje a lus

23 CIENFUEGOS

Da nova fuxen 200 cantos quedan outros 200-300.Desde cando 500 persoas representan a pais? Non temos remedio canto mais division mais PP .Se cuadra ten que gobernar a nosas liortas PODEMOS.

22 Benita

"...tras vencer na II Asemblea Nacional de Anova as teses e a lista defendida por Martiño Noriega e Xosé Manuel Beiras" Hai que ser veraces e informar ben. Serán as teses defendidas pola FPG e PCE. Confluencia na posición Soto que non é mais que fortalecer partidos españois na Galiza.