Tres rapazas de Teo, entre os 177 nenos que debateron sobre saúde mental, medio ambiente ou pobreza en Cáceres

Foi no Séptimo Encontro Estatal de consellos locais de participación da infancia e adolescencia

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/11/2022 | Actualizada ás 12:33

Comparte esta noticia

A voz da infancia e adolescencia escoitouse durante esta fin de semana no Séptimo Encontro Estatal de consellos locais de participación, que este ano volveu a reunir de forma presencial a órganos de participación infantil e adolescente de toda España. Teo foi unha das localidades representadas esta pasada fin de semana en Cáceres  coa asistencia de Irene Iglesias, Alejandra Rodríguez e Lea González que estiveron acompañadas pola educadora familiar do Concello, Eva López. Na xuntanza, con 177 nenos e nenas de entre 10 e 17 anos, debateuse sobre saúde mental, medio ambiente, educaición, desigualdade ou pobreza, entre outros temas. 

As rapazas Irene Iglesias, Alejandra Rodríguez e Lea González - cedida
As rapazas Irene Iglesias, Alejandra Rodríguez e Lea González - cedida

"A participación dos nenos, nenas e adolescentes na sociedade é fundamental, posto que teñen moito que dicir e aportar sobre os temas que lles afectan agora, e tamén no futuro. Ademais a participación é un dereito que teñen. Faremos unha sociedade mellor se temos en conta as súas propostas" indicou José María Vera, director executivo de Unicef España. Este encontro foi o primeiro presencial despois da pandemia. Unicef leva dez anos organizando estas reunións. 

A representación de Teo tivo un papel destacado xa que Irene, tomou a palabra na inauguración do encontro ao ter traballado no comité organizador do mesmo nos meses anteriores.

Durante toda a fin de semana, as asistentes participaron en diversas dinámicas e mesas de traballo nas que compartiron experiencias, opinións e diferentes puntos de vista ata chegar a unha serie de conclusións que se plasmaron nun Manifesto que servirá para facer incidencia política a nivel local, autonómico e estatal. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta