Evacuada de urxencia unha persoa despois dunha colisión múltiple na Coruña

Segundo as persoas que presenciaron o accidente, o ferido trasladado quedou tirado na vía e presentaba importantes lesións.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/11/2022 | Actualizada ás 10:25

Comparte esta noticia

Unha persoa tivo que ser evacuada de urxencia este xoves tras verse implicada nunha colisión múltiple na Coruña, xa que presentaba importantes lesións.

Segundo informa o 112, o sinistro produciuse ao redor das 6,00 horas na Avenida de Arteixo con Juan Flórez, con catro vehículos implicados, un deles estaba estacionado.

Así o confirmaron os axentes da Policía Local, que tamén acudiron á chamada do 112 Galicia. Segundo as persoas que presenciaron o accidente, o ferido quedou tendido na vía e presentaba importantes lesións.

O servizo pediu tamén a colaboración dos profesionais do 061, que evacuaron o ferido o centro hospitalario de referencia.

Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo
Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta