Hachís, MDMA ou marihuana na contorna de centros educativos de Santiago

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/11/2022 | Actualizada ás 17:40

Comparte esta noticia

A Policía Nacional detivo en Santiago de Compostela a dous homes novos por ser presuntos autores de delitos de tráfico de drogas, actividade que desenvolvían na contorna de centros educativos.

A primeira das detencións produciuse o pasado mes de outubro, próxima a un colexio. O detido, segundo informa a Comistaría compostelá nun comunicado, portaba 46 gramos de hachís e dous gramos de BHO que foron incautados pola policía. Ademais, levaba dúas básculas de precisión e diñeiro en efectivo.

Por outra banda, a segunda detención produciuse hai uns días, cando uns axentes detiveron a un mozo dun grupo que mantiña unha actitude "sospeitosa". O detido levaba unha bolsa con 50 pastillas de MDMA, unha bolsa contendo hachís e outra con marihuana.

As vixilancias e controis nos centros educativos e a súa contorna continúan sendo un dos obxectivos da Comisaría de Santiago, sendo "esencial" para este labor a colaboración dos centros.

Droga intervida pola Garda Civil
Droga intervida pola Garda Civil | Fonte: Garda Civil

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta