Pontevedra posicionase como unha cidade de referencia no turismo gastronómico e verde

Iván Puentes e Yoya Blanco levaron a "Paco" á Feira Internacional do Turismo de Interior (Intur).

Por Galicia Confidencial | Valladolid | 18/11/2022 | Actualizada ás 19:10

Comparte esta noticia

Pontevedra busca que as súas riquezas gastronómicas sexan recoñecidas en todo o Estado. Tras converterse nun auténtico embaixador do estilo de vida pontevedrés na pasada edición de Fitur, o xa célebre "Paco" estivo en Valladolid para exhibir na Feira Internacional do Turismo de Interior (Intur) os "talentos gastronómicos, riqueza medioambiental e patrimonial e beleza da cidade onde mellor se vive e come do mundo". 

Logo da campaña de turismo de Pontevedra
Logo da campaña de turismo de Pontevedra

Con el estiveron a concelleira de Promoción Económica e Turismo, Yoya Blanco, e o concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, Iván Puentes, nunha edición onde destacaron as potencialidade de Pontevedra como un destino verde. Neste sentido, Yoya Blanco destacou que están "contentos" porque "moita xente preguntou pola cidade". "Temos demostrado co proxecto Pontevedra Capital Gastro que non só vivimos ben, senon que comemos ben cun producto de proximidade", sinalou.

Pola súa banda, Iván Puentes lembrou que esta feira está especializada en enoturimos e en ecoturismo "que son as apostas fortes que fai Pontevedra", tras a presentación da estratexia Pontevedra flúe. "O obxectivo que temos é evolucionar cara esa cidade verde que queremos e con capacidade de xerar emprego co mundo verde e co turismo", sinalou.

A cidade do Lérez presentou unha nova peza audiovisual, realizada por Fernando Portela, na que o célebre e sibarita protagonista percorre espazos tan emblemáticos como o parque das Palmeiras, o Mercado de Abastos, Santa María, Ruínas de Santo Domingo ou as prazas da Peregrina, A Ferrería, Méndez Núñez e A Leña, para amosar as "inxentes e irresistibles tentacións culinarias" dos restaurantes pontevedreses.

A concelleira de Promoción Económica e Turismo, Yoya Blanco, e o concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, Iván Puentes, na Feira de Intur en Valladolid
A concelleira de Promoción Económica e Turismo, Yoya Blanco, e o concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, Iván Puentes, na Feira de Intur en Valladolid | Fonte: remitida
A concelleira de Promoción Económica e Turismo, Yoya Blanco, e o concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, Iván Puentes, na Feira de Intur en Valladolid
A concelleira de Promoción Económica e Turismo, Yoya Blanco, e o concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, Iván Puentes, na Feira de Intur en Valladolid | Fonte: remitida
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta