Por gcdeportes | A Coruña | 05/11/2014 | Actualizada ás 12:30
Ficha técnica
HC Liceo: Álvaro Shehda, Josep Lamas, Oriol Vives, Jordi Bargalló e Pau Bargalló --cinco inicial-- Toni Pérez e César Carballeira.
Calafell: David Arellano, Oriol Palau, Ferrán Rosa, Gerard Verger e Pol Galbas --cinco inicial-- Jordi Gabarra e Pol Pamiés.
Goles: 0-1: Ferrán Rosa (minuto 1). 1-1: Pau Bargalló (30'). 2-1: Toni Pérez (31'). 3-1: Josep Lamas, de penalti (37'). 4-1: Pau Bargalló (45'). 5-1: Toni Pérez (48').
Incidencias: partido aprazado da 4ª xornada arbitrado por García Romero e Martínez Cancelo
no pazo dos Deportes de Riazor ante 500 espectadores.
Trala derrota na primeira xornada, seis vitorias consecutivas. O Liceo venceu o Calafell (5-1) en partido aprazado da 4ª xornada da OK Liga tras remontar no segundo tempo. Os tres puntos serven aos coruñeses para poñerse segundos na táboa, a tan só unha vitoria do FC Barcelona.
O encontro puido compricarse para os verdiblancos, xa que o Calafell adiantouse no primeiro minuto cun gol de Ferrán Rosa. Os homes de Carlos Gil, liderados pola veteranía de Jordi Bargalló e Josep Lamas, buscaron o empate antes do descanso, pero os cataláns souberon defender o 0-1 co que se foron a vestiarios.
O Liceo saliu a por todas na segunda parte e axiña acadou o empate, gracias a un gol de Pau Bargalló no minuto 30. O 2-1 chegou aos poucos segundos da man de Toni Pérez. Non baixaron o ritmo os verdiblancos: Josep Lamas errou unha falta directa, pero houbo penalti que marcou o propio Lamas, pichichi da OK Liga con 13 goles). Na recta final do encontro, Álvaro Shehda parou unha falta directa de Ferrán Rosa e Pau Bargalló e Toni Pérez puxeron o 5-1 definitivo.
Este sábado, na 8ª xornada, o Liceo recibirá o Tordera (19.00 horas) en Riazor. Dentro dun mes, na 12ª xornada, será o turno do FC Barcelona.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.