Robobo, o robot galego que triunfa en Dubai

Está creado "para estudantes de secundaria, bacharelato e mesmo universidade".

Por Galicia Confidencial | Dubai | 23/11/2022 | Actualizada ás 10:19

Comparte esta noticia

O robot educativo galego, Robobo, foi recoñecido como o segundo mellor xoguete intelixente na categoría educacional nos Smart Toy Awards 2022, galardóns que tiveron lugar o pasado 20 de novembro en Dubai. O robot, deseñado para a iniciación á aprendizaxe de robótica autónoma pola escola online especializada en formación industrial MINT, viaxou ao continente asiático representado xunto co Profesor Fran Bellas. 

Robobo, robot educativo deseñado en Galicia
Robobo, robot educativo deseñado en Galicia | Fonte: remitida

Despois de pór en valor a importancia das preocupacións dos máis novos sobre a era dixital e de reflexionar sobre como poden as empresas e os reguladores traballar xuntos para garantir a seguridade dos xoguetes no mercado, celebrouse a cerimonia de premios. O robot está creado "para estudantes de secundaria, bacharelato e mesmo universidade que xa teñen algunha experiencia en robótica e programación e que necesitan dar un paso adiante na súa formación", afirma Fran Bellas. 

Segundo Bellas,  con Robobo os alumnos poderán empezar a aprender sobre IA aplicada á robótica. Robobo conta tamén cun simulador "irmán" que permite aprender a programar sen necesidade da ferramenta física. Ademais, serve como ferramenta en cursos de robótica aplicada e intelixencia artificial. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta