Un documental sobre o deseñador Adolfo Domínguez reivindicará a súa figura como "ourensán universal"

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 26/11/2022 | Actualizada ás 15:13

Comparte esta noticia

A Deputación de Ourense patrocinará un documental sobre a vida e traxectoria do deseñador Adolfo Domínguez, actualmente en proceso de preprodución e impulsado tamén pola Fundación Adolfo Domínguez. Estrearase no XXVIII Festival Internacional de Cinema de Ourense, no outono de 2023.

Tal e como explican nun comunicado, o presidente da Deputación, Manuel Baltar, e a presidenta executiva de Adolfo Domínguez e da Fundación, Adriana Domínguez, pecharon o acordo nunha reunión que tivo lugar no Pazo Provincial.

Baltar recalcou a importancia do apoio da Deputación a un documental que "reivindica a traxectoria e a figura dun verdadeiro ourensán universal".

Pola súa banda, Adriana Domínguez valorou o proxecto "como unha oportunidade para relatar un dos moitos esforzos dun dos tantos ourensáns que emigraron, fixeron as Américas, e levaron empresas de aquí ao mundo"

Destacou ademais que a produción coincide co 40 aniversario do lema 'A engurra é bela'. "Creo que merece moito a pena que nós 'contemos' ao exterior e que se coñeza máis Ourense e o espírito desta terra, que sen dúbida é parte fundamental do espírito do meu pai", comenta.

O proxecto, detallan no comunicado, indagará nas orixes do modisto dende a súa aldea familiar de Mendoia, pasando por Pobra de Trives, onde os seus pais tiveron a súa primeira tenda, ata chegar a Ourense. "O documental pretende descubrir aspectos inéditos na vida do deseñador nas diferentes etapas da súa traxectoria persoal e profesional", afirman.

Adolfo Domínguez
Adolfo Domínguez | Fonte: RTVE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta