Rajoy comenta o Mundial de Qatar: "Éme igual pasar de primeiros ou segundos, vamos gañar igual e con claridade"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/11/2022 | Actualizada ás 16:16

Comparte esta noticia

O expresidente do Goberno Mariano Rajoy comentou este luns de novo, a preguntas dos xornalistas, a evolución do Mundial de Fútbol que se celebra en Qatar. "Éme igual pasar de primeiro ou de segundo", sinalou o exdirixente popular.

Rajoy, que regresou este luns ao Parlamento de Galicia para un acto homenaxe a Carlos Casares 20 anos despois do seu falecemento, mostrouse seguro de que a Selección Española "vai gañar igual e con claridade".

Así, tras eloxiar a "excelente pregunta" (non quixo responder a outras posibles cuestións de actualidade), Rajoy destacou que "España vai moi ben", tras a goleada contra Costa Rica e o empate deste domingo contra Alemaña, e "é dificilisimo que non pase á seguinte rolda".

Desta maneira, restou relevancia a pasar de "primeiro ou segundo" de grupo na primeira rolda, tendo en conta "se se estuda o que vén despois", xa que augurou que "oitavos non será moi difícil pero en cuartos" podería toparse co combinado brasileiro.

"Se somos primeiros, o normal é que nos toque Brasil", observou, para apostilar "e iso xa é outra historia". En todo caso, mostrouse seguro de que a Roxigualda "vai gañar igual e con claridade".

O expresidente do Goberno Mariano Rajoy atende aos medios na inauguración do acto de homenaxe '20 anos en Carlos Casares', no Pazo do Hórreo, a 28 de novembro de 2022, en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España).. César Arxina - Europa Press
O expresidente do Goberno Mariano Rajoy atende aos medios na inauguración do acto de homenaxe '20 anos en Carlos Casares', no Pazo do Hórreo, a 28 de novembro de 2022, en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España).. César Arxina - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta