A CIG desconvoca despois de 28 días a folga no servizo de axuda no fogar

CCOO e UGT rexeitan finalmente o preacordo do convenio e lamentan que a patronal rexeite sentar a negociar un novo.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 29/11/2022 | Actualizada ás 19:33

Comparte esta noticia

A Confederación Intersindical Galega (CIG) anunciou a desconvocatoria da folga no servizo de axuda no fogar, iniciada o pasado 2 de novembro e que a central nacionalista suspende agora, despois de que CCOO e UGT trasladasen que non asinarán o novo convenio subscrito coa patronal.

Traballadoras do SAF e membros da CIG ocupan o Espazo Amizar da Xunta na Coruña no marco da folga no servizo de axuda no fogar
Traballadoras do SAF e membros da CIG ocupan o Espazo Amizar da Xunta na Coruña no marco da folga no servizo de axuda no fogar | Fonte: CIG.

Fontes de UGT e CCOO manifestaron que o rexeitamento ao convenio para o sector prodúcese unha vez concluído o proceso de asembleas locais, onde foi sometido a opinión das súas afiliadas o contido do preacordo asinado por estes dous sindicatos coa patronal.

A convocatoria de folga produciuse en solitario pola CIG, que, nun comunicado, asevera que o "obxectivo" da mesma era "rexeitar" este preacordo, algo que consideran "conseguido" coa decisión anunciada por UGT e CCOO na reunión deste martes no Consello Galego de Relacións Laborais.

Transi Fernández (CIG) incidiu en que o convenio "está morto", polo que avoga pola apertura dun novo proceso de negociación. "A patronal afirmou que por eles non vai haber ningún tipo de negociación. O mediador dixo que entendía que todos os conflitos tiñan que ter unha solución e que, senón, estes días haberá que volver negociar", engadiu a representante da central nacionalista.

Pola súa banda, CCOO e UGT tamén lamentaron que a patronal tache de "morto" o proceso negociador para un novo convenio e avoguen por continuar unha década máis cun acordo de ultractividade.

Nun comunicado conxunto emitido tras o encontro deste martes, inciden en que a vontade dos traballadores expresada durante o período de consultas é que "non se reúnen os condicionantes" para asinar o convenio debido "aos movementos dalgunhas administracións locais" --en concreto, A Coruña, Narón e Padrón-- que publicaron licitacións "que levaban tempo sen saír" en pleno período de consultas.

Deste xeito, estes dous sindicatos inciden en que "ante a imposibilidade de chegar a un acordo por decisión do sector" consideran necesario que se interpoñan "as consecuentes demandas individuais naquelas empresasque que non abonasen" a suba do 6,5% correspondente ao IPC de forma completa.

"Queremos agredecer a todas as delegadas que participaron na negociación ao longo destes meses, porque están a sufrir ataques fascistas de persoas que non entenden que pensar diferente non pode ser motivo de ataques. CCOO e UGT nunca nos imos a pór de perfil ante o fascismo", pecha o comunicado conxunto dos sindicatos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta