Galicia notifica outros tres falecidos con covid, con casos activos á baixa e ingresados lixeiramente á alza

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/11/2022 | Actualizada ás 15:54

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) notificou este mércores tres novos falecementos con covid-19 na Comunidade. Así mesmo, os casos activos volveron a descender lixeiramente nas últimas horas, ata os 1.372, aínda que os hospitais galegos contabilizan un ingresado máis, 190.

Segundo informa o Sergas, o tres novos óbitos, que elevan a 3.971 a listaxe de vítimas que deixa a pandemia en Galicia, correspóndense con tres mulleres que morreron o luns: unha de 77 anos na área de Pontevedra-O Salnés, outra de 79 na de Vigo e unha terceira de 88 na de Lugo-A Mariña-Monforte.

No que respecta aos casos activos, é dicir, persoas que actualmente atravesan a enfermidade, baixaron nunha decena, ata os 1.372, de acordo cos datos publicados este mércores, actualizados ás 18.00 horas do martes.

Hai catro áreas sanitarias onde descenderon os pacientes covid. É o caso da da Coruña-Cee, con 264 (-1); da de Vigo, con 252 (-4); da de Santiago-Barbanza, con 166 (-6); e da de Pontevedra-O Salnés, con 119 (-12).

Mentres tanto, os casos activos mantéñense sen variación na área de Lugo-A Mariña-Monforte, con 164, e subiron na de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras, a 276 (+1), e na de Ferrol, a 131 (+12).

E é que o Sergas detectou nas últimas 24 horas un total de 140 novos positivos en covid-19. De todos eles, a área de Ourense concentra 39 contagios e séguenlle Ferrol (24), A Coruña (22), Vigo (20), Lugo (16), Santiago (14) e Pontevedra (5).

En canto aos hospitalizados, creceron lixeiramente ata os 190 (+1), repartidos en 183 en planta e sete en unidades de coidados intensivos. O comportamento foi dispar entre as distintas áreas sanitarias.

Os ingresados creceron no distrito da Coruña, a 64 (+8); na de Vigo, a 30 (+3); e na de Ferrol, a 11 (+1). No lado oposto sitúanse a de Ourense, que baixa a 34 hospitalizados (-1); a de Santiago, a 23 (-3); a de Pontevedra, a 16 (-1); e a de Lugo, a 13 (-4).

Unha enfermeira abre un test de antíxeno para realizarlle a proba a un paciente
Unha enfermeira abre un test de antíxeno para realizarlle a proba a un paciente | Fonte: E.P.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta