Por Galicia Confidencial | SANTIAGO | 01/12/2022 | Actualizada ás 14:00
A día de hoxe son moitos xa os restaurantes e os bares que aproveitaron as vantaxes que proporciona a dixitalización, sobre todo en automatizar procesos de xestión de todo o negocio dende a nube, con sistemas TPV e de comandas. Por exemplo, hai moitos restaurantes nos que xa podes reservar de forma online a través de todo tipo de aplicacións, como pode ser elTenedor.
E son outros moitos os que cando estás no restaurante e che toman a nota ves que usan unha tablet para marcar a mesa e os produtos elixidos, algo que pasa directamente a cociña sen necesidade de que sexa o camareiro o que vaia ata alí dicirllo ao cociñeiro (por poñer algún exemplo, podemos pensar nas franquicias Goiko ou Fosters Hollywood).
E xa non falemos daqueles lugares de comida rápida como McDonald's ou Burger King onde o cliente elixe directamente o menú desexado nunha pantalla e esa comanda chega inmediatamente ao persoal, pagada e lista para preparar.
Sen embargo, actualmente a dixitalización na hostalería foi un paso máis aló e, a día de hoxe, xa son moitos os negocios do sector que se plantexan incorporar robots na súa plantilla. Si, si, como o oes, robots. De feito, calcúlase que para o 2025 o 50 % dos restaurantes contarán con robots, segundo datos expostos no informe Global State of the Hospitality Industry.
Os robots poden cumprir funcións moi útiles como servir, recoller platos e mesmo interactuar cos clientes. E se ben a existencia destos robots na hostalería pódese concibir en ocasións como unha sustitución do traballo humano, a realidade destos robots é que teñen unhas funcionalidades que aportan un gran número de beneficios tanto para o restaurante, como para os seus clientes e tamén para os propios camareiros.
OPTIMIZACIÓN DOS RECORRIDOS: EVITAR OBSTÁCULOS E ELIXIR A RUTA MÁIS RÁPIDA
A robótica na hostalería permite, entre outras cousas, cubrir unha demanda de persoal que está afectando ao sector gravemente. Segundo un informe realizado por Infojobs, o pasado mes de setembro a profesión de camareiro atopábase no top 10 de profesións máis demandadas, con un 31 % máis de demanda que no mes anterior.
Froito desta falta de persoal, moitos restaurantes víronse obrigados a pechar ou cambiar o tipo de servizo ofertado, un problema que pode solucionarse coa incorporación destos robots. Segundo Guillermo González-Outón, cofundador e CEO de Pikotea, un software para vender, organizar e controlar nos negocios de restauración, "incorporar estes robots nos negocios é apostar por unha maior produtividade e polo máximo rendemento: os robots non precisan descanso e poden estar operativos as 24 horas do día os sete días da semana".
Outra das aportacións é a optimización dos recorridos: estes robots mapean todo o espazo, atopando o camiño máis eficaz e rápido tanto para evitar paseos innecesarios como obstáculos. Como cando Google Maps che calcula a ruta máis rápida para chegar e ten en conta variantes como o tráfico para decidir cal é mellor. E a estas vantaxas súmanse outras como a obtención de datos e métricas, que son claves para coñecer as necesidades dos clientes e mellorar o negocio.
OS COMENSAIS PODEN REALIZAR OS PEDIDOS VÍA QR E ESTES CHEGAN DIRECTAMENTE Á COCIÑA
A este gran número de beneficios súmase ademais unha novidade que mellora aínda máis o sistema de dixitalización a través de robots, e é que actualmente xa existe a posibilidade de integrar aos robots sistema de TPV e autopedidos, cousa que permite, segundo González-Outón, "que a eficiencia do robot se multiplique, xa que pode mandar a información ao robot dende o TPV, xa sexa dende a barra, a cociña ou calquera parte".
Esta novidade implica o funcionamento e a comunicación cos robots dende a distancia, feito que supón aínda unha maior rapidez e eficiencia á hora de mandar ordes aos robots. Esta incorporación permite que os comensais realicen os seus pedidos vía QR, que estos pedidos cheguen directamente á cociña e que dende a cociña se poida avisar ao robot para que recolla e leve os pratos ás correspondentes mesas.
SÓ UN RESTAURANTE EN ESPAÑA CON ROBOT CAMAREIROS
Trátase dun compoñente moi novedoso que soamente funciona a día de hoxe nun restaurante en España e que posibilita ao persoal e aos comensales dar ordes ao robot dende un TPV e non físicamente co robot.
E onde está este restaurante? No pobo de Beniparrelll (Valencia). Chámase Crensa. Alí aos robots camareiros poden dárselles ordes de pedidos dende o móvil. Esto logrouse grazas á unión das compañías españolas Dax Robotics e Pikotea. Co obxetivo de sacar o maior rendemento aos robots, ambas empresas puxéronse dacordo para incorporar sistemas de dixitalización e TPV aos robots camareiros e asistentes.
Esta particular característica do restaurante permite aos comensais facer os pedidos tomándose o seu tempo e sen ter que agardar a que os atendar e aos membros da cociña dar ordes ao robot sen necesidade de telo diante, o que implica maior rapidez e eficiencia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.