O acusado de acoitelar a outro home en Santa Comba acepta dous anos de cadea

Os feitos tiveron lugar sobre as 17,00 horas do día 27 de xuño de 2017, nas inmediacións da feira de Santa Comba. O acusado iniciou unha discusión coa vítima no transcurso da cal lle propinou "un golpe na cara cunha navalla que portaba e despois acoitelouno nas costas".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/12/2022 | Actualizada ás 12:57

Comparte esta noticia

Un home acusado de apuñalar a outro en Santa Comba aceptou dous anos de prisión, no xuízo fixado para este xoves na sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña.

Fíxoo tras un acordo entre a Fiscalía, a defensa, exercida polo letrado Diego Reboredo, e a acusación particular ao recoñecer os feitos o procesado e acordarse unha rebaixa da pena, que o home aceptou.

Os feitos tiveron lugar sobre as 17,00 horas do día 27 de xuño de 2017, nas inmediacións da feira de Santa Comba. O acusado iniciou unha discusión coa vítima no transcurso da cal lle propinou "un golpe na cara cunha navalla que portaba e despois acoitelouno nas costas".

Inicialmente, o Ministerio Público pedía catro anos de prisión por un delito de lesións, así como a prohibición de aproximarse a menos de 300 metros da vítima e de comunicarse con el por calquera medio durante seis anos. Respecto da indemnización, solicitaba o pago de 960 euros polas lesións causadas e de 1.500 euros polas secuelas sufridas.

Tras o acordo entre as partes, a Fiscalía modificou o escrito de acusación ao engadir as circunstancias atenuantes de dilacións indebidas e de reparación do dano causado. En consecuencia, a pena foi rebaixada a dous anos de cárcere.

INDEMNIZACIÓN

A acusación particular, pola súa banda, no seu escrito inicial cualificaba os feitos xulgados de delito de homicidio en grao de tentativa polo cal solicitaba unha pena de dez anos de prisión, así como o pago á vítima de 1.600 euros polas lesións causadas e de 3.000 euros polas secuelas.

Esta contía total de 4.600 euros xa foi abonada polo procesado, non obstante a acusación reservouse accións civís.

Audiencia Provincial da Coruña.
Audiencia Provincial da Coruña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta