Trasladan ao autor confeso do crime de Cristina Cabo á vivenda da vítima para reconstruír os feitos

Por Europa Press / Redacción | LUGO | 01/12/2022 | Actualizada ás 15:08

Comparte esta noticia

O autor confeso do crime de Cristina Cabo Buján en Lugo foi trasladado á vivenda da vítima, onde a matou a coiteladas, para realizar unha reconstrución dos feitos.

O home, do que transcendeu que se chama José, ten 32 anos e é de nacionalidade colombiana, foi detido o martes e pasou este xoves a disposición xudicial, despois de recoñecer que cometeu o crime.

El e a vítima coñecéronse na madrugada do sábado ao domingo nun local de lecer nocturno. Desde alí, acompañouna ao seu domicilio, onde se produciu o crime.

O cadáver de Cristina Cabo, de 42 anos anos, foi achado na noite do domingo pola súa irmá, que se desprazou á súa vivenda da Rúa Quiroga tras pasar varias horas sen que os familiares tivesen noticias dela.

Un axente de Policía Nacional na porta da vivenda onde acharon morta a unha muller de 42 anos
Un axente de Policía Nacional na porta da vivenda onde acharon morta a unha muller de 42 anos | Fonte: Carlos Castro

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta