A Seguridade Social perde en Galicia 1.093 afiliados en novembro

No conxunto do ano subiron 12.110 cotizantes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/12/2022 | Actualizada ás 10:32

Comparte esta noticia

A Seguridade Social perdeu en Galicia unha media de 1.093 cotizantes en novembro, en comparación co mes anterior (-0,1%), ata situarse nos 1,04 millóns de afiliados, segundo datos publicados este venres polo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, recollidos por Europa Press.

No último ano, o número de cotizantes subiu en 12.110 en Galicia un 1,17% máis. Un incremento inferior ao da media do Estado, onde este dato creceu un 2,69%, con 531.273 persoas nos últimos 12 meses.

Por provincias, A Coruña e Ourense rexistraron en novembro incrementos no número de filiados, con 20 e 183, respectivamente, mentres que Lugo e Pontevedra contabilizaron baixadas, con 1.082 e 213 afiliados menos.

Con todo, nos últimos 12 meses todas as rexións galegas aumentaron o número de cotizantes, destacando o caso da Coruña, con 8.234 máis. Lugo (+6) e Ourense (+941) son as provincias galegas onde menos creceu este dato en termos absolutos, por detrás de Pontevedra (+2.929).

Do total de cotizantes galegos, 820.764 corresponde ao réxime xeral, mentres que na Comunidade había 206.503 autónomos en novembro e 20.341 persoas dedicadas ao mar. Entre outros datos, o Ministerio tamén informou dos traballadores en ERTE por causas económicas, técnicas, organizativas ou de produción (ETOP), que se situaron nos 2.226 a final de mes en Galicia.

Traballadora
Traballadora | Fonte: MINISTERIO DE SEGURIDADE SOCIAL - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta