Un mozo acusado de abusar sexualmente dunha compañeira nunha escola militar de Ferrol enfróntase a nove anos de cárcere

Por Europa Press / Redacción | FERROL | 02/12/2022 | Actualizada ás 17:40

Comparte esta noticia

O Tribunal Militar número 4 da Coruña deixou visto para sentenza o xuízo contra un mozo que se enfronta a nove anos de cárcere por abusar sexualmente dunha compañeira da Escola Militar.

O xuízo tivo lugar entre o martes e o xoves desta semana. Ademais da pena de cárcere, Fiscalía pide unha indemnización de 15.000 euros para a vítima, cuxos avogados piden outros nove anos de cárcere e o pago de 25.000 euros.

Os feitos tiveron lugar o 21 de novembro. Segundo a acusación, a agresión iniciouse nun local de hostalaría de Ferrol e posteriormente no domicilio de acusado, que está en prisión preventiva dende fai máis dun ano.

Despois da denuncia presentada na comisaría da Policía Nacional de Ferrol-Narón, un dos xulgados de instrución de Ferrol inhibiuse a favor do xulgado militar. Na actualidade, o acusado está desvinculado da escola militar.

Durante a instrución, o avogado do acusado pediu en reiteradas ocasións a súa posta en liberdade, ao estimar que o seu defendido non debía de permanecer recluído, petición que nunca foi aceptada.

Durante o xuízo varias testemuñas achegaron o seu testemuño a petición da defensa da vítima, incidindo tamén por parte do avogado defensor que entre a denunciante e denunciado a relación limitábase a coincidencias por cuestións de destino laboral.

Patio dunha cárcere
Patio dunha cárcere | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta