Agresión cunha barra metálica contra o sancristán dunha igrexa no centro histórico de Santiago

O autor da agresión emprendeu unha fuxida que acabou en Porta Faxeira, onde foi interceptado e arrestado por axentes da Policía Local.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/12/2022 | Actualizada ás 14:58

Comparte esta noticia

Un mozo de 25 anos foi detido por agredir cunha barra metálica ao sancristán dunha igrexa situada no centro histórico de Santiago de Compostela.

Os feitos tiveron lugar ao redor das 19,00 horas, cando estaba a piques de iniciarse unha eucaristía na igrexa de Santa María Salomé, situada na Rúa Nova da zona vella compostelá.

Segundo fontes municipais consultadas por Europa Press, o agresor é un mozo de 25 anos que padece trastornos psiquiátricos e que estaba de acollida na casa do sancristán, que foi trasladado a un centro hospitalario despois de recibir golpes na cabeza e nun brazo.

O autor da agresión emprendeu unha fuxida que acabou en Porta Faxeira, onde foi interceptado e arrestado por axentes da Policía Local.

Policía Local de Santiago. CONCELLO DE SANTIAGO
Policía Local de Santiago. CONCELLO DE SANTIAGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta