Confirman o falecemento dun home atropelado en Ourense

Foi alcanzado por un turismo.

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 06/12/2022 | Actualizada ás 16:51

Comparte esta noticia

A Garda Civil confirmou na tarde deste martes o falecemento dun peón que fora atropelado por un turismo en Ourense esta mañá.

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: 061-GALICIA.

En concreto, os feitos ocorreron sobre as 11,40 horas, cando un particular alertou ao 112 Galicia, indicando que se produciu o atropelo dunha persoa, que se atopaba accesible, no punto quilométrico 3 da OU-402.

Con estes datos, solicitouse a intervención dos servizos de urxencias sanitarias, que mobilizou un helicóptero medicalizado. Ademais, os xestores do 112 pasaron aviso á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e ao servizo de mantemento da estrada.

A pesar de que nun primeiro momento se informou de que o peón resultara ferido grave, finalmente o home, de 79 anos de idade e veciño de Ourense, faleceu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta