A Coruña evita as "polémicas" con Granada por posibles impugnacións da sede da Aesia

Tanto a alcaldesa como o reitor da UDC defenden todo o procedemento.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/12/2022 | Actualizada ás 14:03

Comparte esta noticia

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, asegurou que non vai entrar " en valoracións nin moito menos en polémicas" con outras cidades respecto da proposta do seu homólogo de Granada, Francisco Cuenca (PSOE), de impugnar o acordo tomado en Consello de Ministros para situar a sede da Axencia Estatal de Supervisión da Intelixencia Artificial (Aesia) na cidade herculina.

Na mesma liña expresouse o reitor da Universidade da Coruña (UDC), Xulio Abalde Alonso, quen ha argumeando que o Goberno actuou con "transparencia e rigor" na súa selección. Así o manifestaron este venres a preguntas dos xornalistas sobre o asunto. A rexedora incidiu en que os criterios do proceso de selección "estaban claros". Ademais, recalcou que A Coruña presentou unha convocatoria "sólida e solvente avalada por máis de 90 empresas". Así mesmo, lembrou que a comisión técnica elixiu "por unanimidade esta cidade entre as outras 16 candidatas".

NON ENTRAR NUNHA "COMPETENCIA"

Abalde, pola súa banda, explicou que entende "certa desilusión" por parte de Granada polo feito de non ser elixida. "Non quero entrar en ningún tipo de competencia nin coa cidade nin coa universidade", concretou.

O reitor da UDC declarou sentirse "moi tranquilo" en canto a que a decisión do Goberno estivo "absolutamente xustificada" e tamén fixo referencia á publicación no BOE dun decreto onde se explicaban "claramente" os criterios que se marcaban dentro da convocatoria. "Creo que actuaron con transparencia e con rigor. En moitos casos este tipo de valoracións é unha cuestión cualitativa máis que cuantitativa", argumentou.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a rexedora coruñesa, Inés Rey,entre outras autoridades, na presentación da Coruña para acoller a Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a rexedora coruñesa, Inés Rey,entre outras autoridades, na presentación da Coruña para acoller a Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial | Fonte: DAVID CABEZÓN - xunta

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta