Localizan flotando o cadáver dun home no porto do Xufre da Illa de Arousa

O home faltaba desde o sábado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/12/2022 | Actualizada ás 12:02

Comparte esta noticia

O corpo sen vida dun home de 51 anos foi localizado ao redor das 11,00 horas deste luns nos pantaláns do porto do Xufre do municipio pontevedrés da Illa de Arousa.

Segundo indicaron fontes policiais a Europa Press, a familia do home, veciño do concello, detectou a súa ausencia desde o sábado, pero alarmáronse sobre todo na xornada do domingo cando non regresara a casa.

Desta forma, explicou que na madrugada do sábado houbo persoas que o viron no pobo e sobre as 03,30 horas do domingo foi visto "indo cara aos pantaláns" e aí "perdeuse a pista, xa que non saíu do lugar".

Nesta liña, indicou que iniciaron unha procura nos pantaláns mexilloeiros coa mobilización de mergulladores e foi este luns cando apareceu preto da súa embarcación onde "accedeu ao pantalán para ir á súa embarcación", apuntaron estas fontes.

Porto de Xufre, na illa de Arousa
Porto de Xufre, na illa de Arousa | Fonte: Wikipedia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta