Galicia confirma a evolución positiva do lobo con 93 mandas reprodutoras

Con relación á distribución territorial da especie, os traballos realizados apuntan a que o lobo ibérico ten unha presenza xeneraliza en Galicia, salvo nas grandes cidades e no Baixo Miño.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/12/2022 | Actualizada ás 19:57

Comparte esta noticia

A actualización do censo do lobo ibérico realizada pola Xunta entre 2021 e 2022 concluíu que existen en Galicia unhas 93 mandas reprodutoras, cifra similar ás 90 mandas estimadas no seguimento correspondente ao período de 2013-2015 e que confirma a "evolución positiva da especie" na Comunidade.

Segundo indicou a Xunta nun comunicado, así o avanzou este mércores a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, que visitou a explotación gandeira en semiextensivo de Rois e deu a coñecer as principais conclusións dos traballos encargados pola Consellería do Medio Ambiente, Territorio e Vivenda co obxectivo de dispor de datos actualizados sobre a presenza e distribución territorial desta especie.

En concreto, explicou que as estimacións poboacionais que apuntaron a un incremento do número de mandas reprodutoras, tres máis que no seguimento anterior, obtivéronas mediante a aplicación de dúas metodoloxías distintas avaladas por publicacións científicas e que arroxaron conclusións moi similares.

Así, asegurou que esta coincidencia "confirma a fortaleza" dos datos obtidos e avala que o estado de conservación do lobo na Comunidade é favorable, "a tese defendida sempre pola Xunta", lembrou.

Ademais, con relación á distribución territorial da especie, os traballos realizados apuntan a que o lobo ibérico ten unha presenza xeneraliza en Galicia, salvo nas grandes cidades e no Baixo Miño.

Con todo, do Campo sinalou que a Consellería seguirá á beira do sector gandeiro mobilizando fondos, tal e como publicou este mércores o Diario Oficial de Galicia cunha nova convocatoria de axudas para compensar os danos ocasionados por estes animais silvestres en explotacións e no gando.

A maiores avanzou que a principios de xaneiro publicarán unha nova convocatoria da liña de axudas para a adopción de medidas de prevención fronte ao lobo.

A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo.. XUNTA
A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta