Por Galicia Confidencial | A Coruña | 25/11/2014 | Actualizada ás 17:22
O suicidio é a causa que barallan os investigadores da morte do fiscal xefe de Lugo, segundo fontes policiais sen identificar citadas por Efe e varios medios. Juan José Begué Lezaun apareceu morto hoxe na súa casa de Culleredo, preto da Coruña. El Progreso asegura que non hai indicios da participación de terceiros ou de accións violentas.
O letrado tiña entre mans varias das causas máis importantes contra a corrupción que se seguen no país. Unha delas é a operación Pokemon, que investiga unha organización corrupta en ducias de concellos ao redor de Aquagest (hoxe Viaqua) e Vendex e políticos do PP, PSOE e BNG. Outra é o caso Campeón, no que a Xustiza investiga as suposta corrupción de políticos por parte do empresario Jorge Dorribo. Ademais, tamén levaba a Operación Carioca, unha macrotrama de prostitución e corrupción en Lugo.
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia non informou até o de agora sobre canto retrasará as instruccións o falecemento. Cómpre lembrar que Pilar de Lara anunciara que pensaba concluír a instrucción da Pokemon este mesmo ano.
Begué Lezaun incorporárase a este cargo no verán de 2013. A súa muller, Rebeca Rodríguez Figueroa, tamén forma parte da carreira fiscal, neste caso na Coruña.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.