Ana Miranda sobre a toma de posesión de Lula da Silva en Brasil: "Abre unha nova etapa de triunfo da democracia contra o fascismo"

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 02/01/2023 | Actualizada ás 14:04

Comparte esta noticia

A eurodeputada do BNG Ana Miranda cualificou como o inicio dunha nova "etapa histórica de triunfo da democracia contra o fascismo" a toma de posesión de Lula da Silva como presidente de Brasil.

Fíxoo, nun comunicado, e tras asistir en Brasília á citada toma de posesión, un acto do que asegura "abre un tempo de esperanza" no citado país.

Miranda formou parte das máis de 53 delegacións internacionais que asistiron á toma de posesión do presidente electo de Brasil e que, posteriormente, foron recibidas no Ministerio de Exteriores.

"O novo goberno de Lula pon de manifesto que despois de anos de bolsonarismo hai que reconstruír o Brasil cunhas marcadas prioridades, como a loita contra a pobreza, o medio ambiente, a igualdade e a aposta polos servizos públicos, así como a volta á integración latinoamericana e ao multilateralismo internacional", sostén Miranda.

A eurodeputada do BNG Ana Miranda en Brasil
A eurodeputada do BNG Ana Miranda en Brasil | Fonte: BNG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta