Ourense queda fóra do plan de vivenda pública impulsado por Goberno central e Xunta

O BNG defenderá no pleno do Concello do próximo 13 de xaneiro unha moción coa que solicitan a súa inclusión.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 07/01/2023 | Actualizada ás 13:59

Comparte esta noticia

O grupo municipal do BNG en Ourense defenderá no pleno do Concello do próximo 13 de xaneiro unha moción coa que solicitan que a cidade sexa incluída no plan de vivenda pública impulsado polo Goberno estatal e a Xunta, que impulsará a creación de 499 novos domicilios.

O portavoz nacionalista e candidato á Alcaldía, Luís Seara, anunciou esta iniciativa de BNG Ourense nunha reunión informativa na que solicitou o apoio do resto de grupos municipais para reverter a exclusión de Ourense deste plan.

Para Seara, que Ourense quede fóra constata a "irrelevancia" que representa a terceira cidade máis poboada de Galicia para o Executivo autonómico, así como "o escaso peso institucional e político" do actual goberno local, ao que culpa de non demandar estes investimentos e proxectos que a cidade "merece e necesita".

A formación nacionalista expón a "grave situación" de Ourense como "principal motivo para levar a cabo a moción". Segundo o portavoz, esta situación é un dos maiores problemas sociais na localidade xa que, a pesar do baixo poder adquisitivo da cidadanía, os alugueres son "dos máis caros de toda Galicia".

O Bloque asegura que o prezo de aluguer no centro urbano subiu un 16 % polo incremento da demanda turística, a cal provoca que moitos pisos que antes estaban neste mercado pasáranse ao turístico.

Por último, o BNG lembra tamén que nos últimos 13 anos a Xunta "apenas desenvolveu dúas promocións públicas de vivenda, cun "moi escaso número" de domicilios na zona histórica e que estes pisos, nalgúns casos, presentan "importes inasumibles" para as familias. Desta forma responsabilizan ao Goberno galego desta situación, ao que acusan de non executar "o 60 % das partidas" destinadas a este ámbito nos orzamentos de 2021.

Cidade de Ourense
Cidade de Ourense | Fonte: Turismo de Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta