O alcalde de Ames presenta tres "grandes proxectos" á Xunta e pide a súa colaboración para materializalos

O alcalde de Ames, Blas García, insistiu en que para realizar estes "grandes proxectos é necesario contar con apoio doutras administracións".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/01/2023 | Actualizada ás 19:05

Comparte esta noticia

O alcalde de Ames, Blas García, reuniuse co vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, co obxectivo de trasladarlle varias demandas e avanzar en posibles liñas de cooperación para a construción dunha pista cuberta de atletismo en Ventín, a ampliación da Casa do Concello e a edificación dun pavillón polideportivo en Bertamiráns.

Segundo trasladou o Concello nun comunicado, na reunión, que tivo lugar este martes en Santiago, García insistiu en que para realizar estes "grandes proxectos é necesario contar con apoio doutras administracións".

Así, engadiu que Ames "creceu moito demográficamente en pouco tempo", pero as infraestruturas "non creceron compasadas coa súa poboación, polo que agora hai un importante déficit de servizos".

PROXECTOS

O primeiro dos proxectos é a construción dunha pista cuberta e dun espazo destinado a saltos de lonxitude, altura e pértega. Esta obra, para a que se pediu colaboración á Xunta, sería a segunda fase dun traballo que inclúe crear unha zona de lanzamentos, accesos e vestiarios.

Nesta liña, o alcalde de Ames trasladoulle á Xunta a necesidade de ampliar a Casa do Concello, "coa construción dun edificio anexo máis moderno e eficiente que poida albergar a todo o persoal municipal".

Así mesmo, presentou un proxecto de construción dun pavillón polideportivo "máis moderno e con máis capacidade para poder dar servizo a todas as necesidades deportivas" do municipio.

Blas García
Blas García | Fonte: Concello de Ames

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta