Dous homes intentan atracar na zona de xoiaría do Corte Inglés da Coruña usando un extintor

Dous vixiantes de seguridade resultaron feridos leves no forcexeo cos atracantes

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 18/01/2023 | Actualizada ás 12:50

Comparte esta noticia

Dous vixiantes de seguridade resultaron feridos leves nun intento de atraco no Corte Inglés da Coruña, situado na rúa Ramón e Cajal. Segundo fontes consultadas por Europa Press, este martes aproximadamente 10 minutos antes do peche dos grandes almacéns, dous homes coas cabezas tapadas con bolsas plásticas entraron no establecemento co obxectivo de roubar na zona de xoiaría, situada na planta baixa.

Edificio de El Corte Inglés na Coruña
Edificio de El Corte Inglés na Coruña | Fonte: CIG

Os asaltantes fixeron uso dun dos extintores para xerar unha nube de po e subtraer os artigos de valor. Dous axentes de seguridade, que sufriron lesións leves durante o forcexeo, interceptáronos e impediron o roubo. No entanto, os atracadores lograron librarse dos vixiantes e fuxiron nun vehículo que fora roubado horas antes. Estes individuos atópanse en busca e captura.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta