A parte boa da neve: abre a estación de esquí de Manzaneda logo dunha "longa tempada" pechada

Abrirá este venres.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/01/2023 | Actualizada ás 19:18

Comparte esta noticia

A Estación de Montaña de Manzaneda abrirá este venres, día 20 de xaneiro, as súas pistas de esquí entre as 09,30 e as 17,15 horas, despois dunha "longa tempada" sen neve.

Nun comunicado, a empresa que explota a estación indicou que nos últimos días estívose traballando a pleno rendemento para poder abrir as instalacións este fin de semana, incluíndo a telesilla, o servizo de restauración e A Tasquiña.

"O 100% do persoal da estación apura as horas e os días para ter as pistas a punto para o venres", subliñou, cos canóns de neve funcionando varios días para que todo estea en perfectas condicións.

A pesar das choivas caídas o luns, que levaron parte da neve acumulada, e o forte vento rexistrado en Manzaneda nos últimos días, a previsión é que a estación abra as súas portas nos horarios habituais a partir do venres.

Manzaneda rexistra a súa primeira nevada
Manzaneda rexistra a súa primeira nevada | Fonte: Estación de Manzaneda.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta