Outra vez a veciñanza loita unida para frear os lumes de Trives, Chandrexa e Montederramo: "Salvamos o pobo". Foi necesario desaloxar nas últimas horas a 40 veciños do núcleo da Bouza, no municipio ourensán de Viana do Bolo. Moitos critican a falta de medios e os avisos de desaloxo que chegaron moi tarde.
  comenta   0
Tras unha noite de tensión polo lume de Chandrexa, máis de 100 campistas chegaron a Monterrei, onde os agardaban pais e nais aliviados..
  comenta   0
Toda a provincia de Ourense permanece no nivel 2 de emerxencia, onde 12 lumes aínda sen extinguir calcinan máis de 5.100 hectáreas.
  comenta   0
O Macizo Central ourensán, un dos enclaves de maior valor ecolóxico de Galicia, vive unha traxedia repetida ano tras ano: milleiros de hectáreas arrasadas, concellos enteiros sinalados pola reincidencia dos lumes, prácticas preventivas cuestionadas e un abandono estrutural que converte a biodiversidade en cinza mentres as políticas públicas seguen sen frear unha devastación anunciada.
  comenta   0
O deportista chamou ao 112 tras caer no aparcadoiro da estación de montaña; o 061 atendeu no lugar e organizou o traslado.
  comenta   0
A media mañá establecíase o nivel amarelo na zona do Padornelo, coa prohibición de acceso a camións e vehículos articulados, e informábase de que se procedía ao 'embolsamento' de camións no quilómetro 79, sentido Ourense.
  comenta   0
Tamén hai cortes do tráfico ferroviario entre Ourense e Monforte. A madrugada foi "moi complicada" en Galicia, con ventos de ata 166 km/h e decenas de accidentes.
  comenta   0
Coñecemos de primeira man con este rapaz de San Martiño as particularidades desta figura central do Fulión do Concello de Manzaneda.
  comenta   0
Ata o 3 de marzo haberá interesantes rondas polas aldeas e unha Fuliada en Cernado, mentres que o martes de Entroido terá lugar o ‘Desfile de Fulións’ e un xantar popular no pavillón municipal.
  comenta   0
Nove entroidos están declarados de interese galego. Chantada acolle este domingo unha reunión de entroidos lucenses e ourensáns.
  comenta   0
Nun comunicado, os responsables indicaron que o venres, día 31, é a data "máis posible e probable" para dar comezo á "ansiada" tempada de esquí deste ano
  comenta   0
Manzaneda abrirá este fin de semana unha das súas pistas de esquí.
  comenta   0
Nun comunicado, a organización que xestiona a estación informou de que grazas ás nevadas dos últimos días e á baixada das temperaturas, os canóns puideron traballar durante parte da semana, unha vez se deron as condicións necesarias (só funcionan por baixo dos -2,5 graos).
  comenta   0
Os nenos que participen neste programa gozarán dunha estancia de tres días e dúas noites, sempre de luns a mércores, que inclúe aloxamento, pensión alimenticia completa, curso de esquí e as demais actividades complementarias, como poden ser tiro con arco, sendeirismo ou natación.
  comenta   0
Cabeza de Manzaneda notifica ventos por encima do 145 km/h nunha xornada con aviso amarelo por neve en zonas altas de Lugo.
  comenta   0
Os datos publicados polo consello regulador constatan, segundo o Sindicato Labrego Galego (SLG), unha diminución de vendima nas uvas tintas de 1.780.408 quilogramos. Supón máis dunha cuarta parte con respecto a 2023, case un 27 %. "Esta cifra supera as peores previsións", incide.
  comenta   0
Por número de incidencias detectadas nos últimos cinco anos serían O Pereiro, na Mezquita; Cures, en Boiro; e O Tameirón, na Gudiña. Por número de hectáreas arrasadas na última década serían Camba, en Laza; A Xironda, en Cualedro; e Mourentán, en Arbo.
  comenta   0
Rexistráronse en varios puntos valores negativos nos termómetros unha semana despois de que Galicia vivira temperaturas máis propias do verán.
Nesta cita, organizada por 'Ourense Rural é Vida' e celebrada en San Xoán de Río, centraron o debate os problemas de vivenda e mobilidade. “Está Ourense preparada para atraer o novo movemento ruralista?”, foi o título que deu pé á controversia.
  comenta   0
A Deputación de Ourense aproba unha moción para "profesionalizar" a estación de Manzaneda con "xestión transparente"
  comenta   0
Ao longo da xornada deste luns, o espesor de neve oscilou entre os 30 e os 110 centímetros, posibilitando a apertura dun total de 18 pistas. En total, foron case 14 os quilómetros esquiables.
  comenta   0
"Toda a ilusión e aforros dunha vida investidos nesta explotación de vacún de carne de alto rendemento desvanécese nun dicir amén", lamenta o Sindicato Labrego.
  comenta   0